VilaplanaPonteareas2012 José Rafael Pascual-Vilaplana, mestre na terceira edición do Curso de Dirección de Bandas.

O III Curso de Dirección e Instrumentación para Bandas de Música a cargo do mestre José Rafael Pascul-Vilaplana celebrarase do 19 ao 21 de abril de 2012 no Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas.

O curso dispón de 10 prazas para alumnos activos, que terán dereito a clases teóricas e prácticas, e sen límite para alumnos oíntes. A selección de alumnos activos efectuarase entre os curriculums dos aspirantes e comunicaráselles con dúas semanas de antelación ao curso. Entregarase certificado acreditativo de horas lectivas cando se supere o 80% de asistencia.

O prezo é de 120 € para alumnos activos e 50 € para oíntes. O prazo de inscripción rematará o día 30 de marzo.

As clases desenvolveranse o xoves pola tarde e o venres e sábado en réxime de mañán e tarde. O curso pecharase cun concerto de clausura o día 21 ás 20.30 h.

O repertorio do curso está formado por:

  • Club Europe, Martín Ellerby
  • Of castles and legends, Thomas Doss
  • Caleidoscopio, Lorenzo Pusceddu
  • La leyenda de Maracaibo, José A. Pina Picazo

Toda a toda a información relativa a este curso: aquí ou nos teléfonos 677 556 372 (Fran) e 678 500 853 (Rafa).

 

Ponteareas – do 19 ó 21 de abril de 2012.