Do 31 de xullo ao 4 de agosto terá lugar a segunda edición do Festival Noites de Jazz en Rianxo.

Os concertos serán ás 22.30 na praza de Rafael Dieste dende o martes día 31 de xullo, onde actuará o Ensemble da Escola de Música de Rianxo. O mércores día 1 é a quenda do saxofonista Roberto Somaza co seu Cuarteto e o xoves 2 de agosto actuará o grupo Galifunk Brass.

O venres 3 celebrarase o concerto didácto músico-teatral sobre a historia do jazz da man de Gallaecia Gallaeciños ás 12.30h na mesma praza, esa mesma noite poderemos escoitar a guitarra de Marcos Teira e o seu Quinteto.

David Lojo Trío ás 13h do sábado 4 estará na Rúa de Abaixo e o peche deste festival estará da man da formación O’Sister! ás 22.30 de volta na Praza Rafael Dieste. En caso de choiva os concertos trasladaranse ao Auditorio.

No programa deste festival tamén se inclúen Clases Maxistrais e Cursos de Acompañamento de jazz, Saxofón e Percusión con inscrición previa e un custe de matrícula de 5€.

E para completar aínda máis a oferte cultura haberá unha exposición dos gravados titulada Trazos Sonoros de Rosana Calvo e Nacho C. Beiro inspirados no mundo do jazz, que se poderá ver no Auditorio de 9 a 14h dende o 30 de xullo ao 11 de agosto.

Ver o programa completo.

Máis info na nosa axenda cultural ou aquí.