Begoa_SalgueiroA soprano Begoña Salgueiro e o pianista Alejo Amoedo presentannos o programa Doce Canciones Gallegas, con dous concertos, un en Betanzos e outro en Pontevedra.
Antonio Fernández Cid (1916-1995), crítico musical ourensán residente en Madrid, teimaba en crear unha recompilación de cancións galegas. Ese empeño levou á Deputación ourensá a encargar 12 composicións a algúns dos máis destacados autores dos anos 50. Desta iniciativa nace a colección Doce canciones gallegas, dedicada a quen concibiu a idea. As pezas foron estreadas o 15 de xuño de 1951 en Ourense. A colección intégrana obras creadas a partir dos versos de varios autores galegos (Rosalía, Curros, Risco ou Cabanillas, entre outros) musicados por coñecidos compositores entre os que destacan Mompou, Montsalvatge, Guridi, Toldrá ou Joaquín Rodrigo. A iniciativa hai que situala nun certo renacer con carácter folclorista da cultura galega, cara aos anos 50, e non deixou de ser, malia todo, unha conxunción feliz, polo anovador, no parco panorama cultural da Galicia da posguerra. Nesta ocasión as Doce canciones serán interpretadas pola soprano Begoña Salgueiro e o pianista Alejo Amoedo.
Begoña Salgueiro: soprano<<<
Alejo Amoedo: piano<<<
…venres 29 de outubro /// Casa Núñez, sede da Fundación CIEC (Centro Internacional
da Estampa Contemporánea), Betanzos >> 20.30 horas
…sábado 30 de outubro /// Novo edificio do Museo de Pontevedra >> 20.00 horas