O 4 de abril tivo lugar en Tallín (Estonia) o XXI Concurso Internacional de Trompeta “Trompetitalendid 2010”.
Neste prestixioso concurso de trompeta participaron 15 trompetistas de diferentes países como Rusia, Letonia, España… que optaban ao recoñecido premio Internacional “Trumpet Talents 2010” dos cales pasaron a fase final 6 deles. Despois das actuacións dos finalistas o gañador foi o trompetista alicantino, Luis José Coloma Martí, membro da banda Ateneo Musical de Villajoyosa, tamén gañador doutros premios de trompeta como o Internacional de Benidorm, Concurso de Alicante, e Mariña Baixa.
Na actualidade estuda no Conservatorio Superior de Baleares con Rubén Marqués (Solista da orquesta do Palau de lles Arts) e Adán Delgado (Solista da Orquesta Nacional de España), e pertence á Orquestra Filharmónica da Universidade de Alicante, a Orquestra Nova de Alicante, Orquestra Nova Rexión de Murcia, e a Jove Orquesta Nacional de Cataluña.