O programa de música galega Alalá, da Televisión de Galicia, realizou fai unhas semanas un excelente documental sobre o compositor, guitarrista, gaiteiro, serruchista e polifacetico Ernesto Campos.
Ernesto Campos e un compositor vigués vinculado ao mundo da gaita galega, que mestura a música tradicional coa música culta, como fixeron grandes compositores como Montes ou Pascual Veiga. Froito deste feito, compón obras para gaita, gaita e piano, gaita e banda, gaita e orquesta sinfónica, e multitude de agrupacións.
Para ver o documental pulsa aquí.