grupo_de_metais_de_galiciaComo cada ano, o Concello de Ribadumia en colaboración coa Agrupación Musical de Ribadumia e a Escola Munipal de Música organizan as IX Xornadas Musicais do Concello de Ribadumia.

Este ano contarase cos mestres do Grupo de Metais de Galicia:
José Rodríguez Ramos (Trompeta)
Guillermo Sabarís Abalo (Trompeta)
Pedro Pintos Rodríguez (Trompa)
Carlos Figueira Abuín (Trombón)
Xosé Carlos Seráns Olveira (Tuba)
INFORMACIÓN:

-Datas 8, 9 e 10 de Xullo
O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
As clases serán en grupo e traballarase repertorio de grupos de metais.
Os alumnos poderán matricularse tanto en grupos, mixtos ou do mesmo intrumento,  como de forma individual, asignándoselle un grupo de traballo.
Poderán asistir grupos de metais consolidados ou de recente formación.
Cada grupo aportará o material que queira traballar e os profesores tamén aportarán material novo.
Os profesores rotarán no traballo cos diferentes grupos.
Cada grupo interpretará un tema dentro do concerto de fin de curso.
O concerto de clausura e entrega de diplomas realizarase o último día no Auditorio de Ribadumia.
Os cursos impartiranse no Centro Social de Barrantes e no Auditorio Municipal de Ribadumia.

MATRÍCULA:

O importe será de 60€ por  alumno.
Os alumnos interesados deberán enviar, por correo postal ou email, o xustificante de pago xunto cos seus datos persoais e obras a traballar no curso.
Non se farán devolucións do importe da matrícula.
A organización resérvase o dereito ós cambios que, por forza maior, tiveran que adoptarse.
Data límite de matriculación: 5 de Xullo.
Datos bancarios:
2080 0014 27 0000081268  Caixanova
Teléfonos de información: 629 359 642 //  676591746
Dirección: Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia
Clxón.  Loureiro,  baixo  s/n,  Barrantes
36636 Ribadumia