O barítono Borja Quiza imparte un curso de canto entre os días 9 e 19 de xuño, no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.
O curso comezará o día 9 cun encontro no que se explicará o contido e a organización deste, e se desenvolverá durante os días 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18 e 19 dispoñendo os días 12 e 19 de pianista acompañante para traballar sobre o repertorio.
Matricúlaa do curso é de 150 € para alumnos activos (cun máximo de 14 prazas) e de 30 € para alumnos oíntes. O ingreso do importe debe realizarse na conta 2091 – 0004 – 14 -3040015976 especificando claramente nome e apelidos do alumno. A data límite para realizar a matrícula é o día 5 de Xuño. Cada alumno debe enviar o formulario de inscrición debidamente cumprido, unha foto e o seu Curriculum Artístico á dirección de correo electrónico [email protected] e realizar o ingreso bancario antes da devandita data.
Os alumnos recibirán un correo electrónico confirmando a súa admisión no curso e o horario de inicio deste.
Para ver o formulario de inscripción premer aquí.
Para ver o programa do curso premer aquí.