
O Ensemble Oni Wytars presentanos o seu programa Mediterraneum (O mundo da improvisación no medievo, entre Oriente e Occidente) na Illa de San Simón. Mediterraneum, un programa que xira en torno ao mar Mediterráneo, un mar que recibiu numerosos nomes ao longo dos séculos, procedentes das diferentes culturas que se asentaron nel. Destes nomes, talvez o máis descritivo sexa Mare Nostrum, xa que até os nosos días este mar foi lugar para a coexistencia das culturas oriental e occidental. Mais non só os cruzados e os peregrinos navegaron as súas augas, tamén para as diversas artes o Mediterráneo foi canle de intercambio. Durante a Idade Media foron moitos os artistas que o atravesaron para descubrir o até daquela descoñecido Oriente, traendo consigo, na volta a Europa, poesía, música e instrumentos musicais procedentes doutras culturas. Este programa ofrécelle ao ouvinte unha pasaxe por músicas de diferentes épocas, tomando sempre como referencia e argumento o mar Mediterráneo, levados da man dun grupo de músicos con diferente procedencia e formación que sorprenderán pola súa característica forma de interpretar a música antiga. O virtuosismo do grupo Oni Wytars, unido a uns singulares arranxos, deixa paso a un son anovador e vivo onde a música serve de nexo entre Oriente e Occidente, entre a tradición, o pasado e o presente. A curiosidade polo novo e a busca de raíces comúns na tradición serven de elemento que amalgama este programa. Belinda Sykes: canto