Wilbert Hazelzet xunto co ensemble Harmonía Artificiosa van ofrecer dous concertos en Galicia, un en Padrón e outro en Vigo.
Wilbert Hazelzet non só está considerado como un dos mellores frautistas barrocos a nivel internacional, senón tamén como unha autoridade recoñecida no campo da frauta travesa barroca. Como solista forma dúo estable con Jacques Ogg (clave/fortepiano), e con Joachim Held (laúde), así como con diferentes agrupacións de cámara como London Baroque, Pasamezzo Antico Bilbao, Fritsch Quartett de Leipzig, Musica Amphion de Holanda ou Music for a while. É frauta solista da Amsterdam Baroque Orchestra (Ton Koopman) desde hai máis de trinta anos e participou en innumerables producións de radio e televisión en todo o mundo. Desta volta preséntanos, en primicia para Espazos Sonoros, un programa no que tamén participan membros do grupo Harmonía Artificiosa, formado polos galegos Diego Fernández, Baldomero Barciela e Manuel Morales, con obras de diferentes membros da familia Bach.
Wilbert Hazelzet: frauta travesa barroca<<<
Harmonía Artificiosa:
Manuel Morales: frauta travesa barroca<<<
Baldomero Barciela: viola da gamba<<<
Diego Fernández: clave<<<
…sábado 30 de outubro /// /// Igrexa do convento de Herbón, Padrón >> 20.00 horas
…domingo 31 de outubro /// Museo do Mar, Vigo >> 20.30 horas