Entre os días 4 e 10 de Agosto terá lugar na Catedral de Tui a 13ª edición do festival Música no Claustro. Todas as noites ao remate dos concertos poderase desfrutar dun percorrido nocturno pola Catedral da man de Suso Vila “A Catedral de Diego de Avellaneda”, facendo a reserva previa en @musicanoclaustro.com ou no teléfono +34 622 608 494. E tamén, como fixeron tradicionalmente os teatros cos ambigús, Música no Claustro ábrelle ao público un servizo de consumicións no xardín do Palacio da Catedral. Un espazo de encontro e conversa para público e artistas onde degustar un albariño e un petisco.
Ademáis dos concertos e as charlas programadas, tamén se leva a cabo do 4 ao 7 de Agosto en horario de 10.30 – 14.30 e 16.30 – 20.30 un curso baixo o título Imaxinería Castelá, con inscrición previa en artesaniadegalicia.xunta.gal
Concertos e charlas que se celebran no festival Música no claustro 2018:
4 de Agosto:
María Bolaños – Álterum Cor
Directora e Coro residente do Museo Nacional de Escultura.
13 cancións bonitas
6 de Agosto:

TINA & JOE
Blues and Soul Night
Itinerario artístico-escultórico adaptado a persoas con discapacidade visual
Coa colaboración da ONCE

JONATAN ALVARADO
Pajarillos fugitivos: canciones españolas fuera de casa
Os segredos da imaxinería castelá
8 de Agosto:

21.30H – Clautro da Catedral de Tui
Paris 1918, pour le tombeau de Claude Debussy
9 de Agosto:


YOLANDA CASTAÑO
Recital poético: A segunda lingua
EVA FERNÁNDEZ TRÍO
Yo pregunto
Unha nova promesa do jazz catalán que destaca como saxofonista e cantante e que forma parte da lista de voces femininas máis destacadas.