93503098_0e5e8ba25aA FGBMP acaba de mostrar as bases do IV Certame Galego de Bandas.

 

Este IV Certame será celebrado na sala Anxel Brage do Auditorio de Galicia os días 19, 20 e 21 de Novembro de 2010, días nos que participarán moitas bandas galegas entre as catro seccións das que consta este certame. É requisito indispensable ser unha banda federada na Federación Galega de Bandas de Música para participar neste certame.

Revisando as bases que acaban de ser publicadas, cabe destacar o acordo conseguido entre a FGBMP , a Xunta e o Xacobeo, que se ve reflectido no vixésimo artigo, no que se menciona que as bandas que participan no certame terán que aceptar dar un concerto previo ó certame que será incluído na programación do Xacobeo. Dito feito é un gran paso para o recoñecemento cultural das nosas bandas de cara as institucións. Pouco a pouco, a FGBMP demostra que traballa polo recoñecemento das bandas de música no ámbito cultural galego.

Deixámoslle un enlace á paxina da FGBMP onde poden ollar as bases AQUI!