Na xornada de onte, xoves 19 de xullo, no 132 Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia, A Lira de Ribadavia acadou o Primeiro Premio na Sección Terceira (entre 40 e 50 músicos), un dos certámenes de bandas máis importantes a nivel mundial. A representante galega nesta sección encandilou aos membros do xurado co Pasodobre “Brisas del Tea” de Iñaki Lecumberri, a obra obrigada nesta sección foi “Sagittarius” de Guillermo Ruano e como obra de libre elección “Terra de Reis” de Pere Sanz Alcover. Baixo a batuta de Xabier Oliveira Blanco, a Lira de Ribadavia consegue alzarse co triunfo valenciano.
As puntuacións nesta categoría foron as seguintes:
1º Premio – 354 puntos – A Lira de Ribadavia (Ourense)
2º Premio – 346 puntos – Banda Municipal Soacha-Cundinamarca (Colombia)
3º Premio – 320 puntos – Sociedad Musical Santa Cecilia de Chera (Valencia)
A dotación dos premios para a Sección Tercera foi de 3.000 euros para a gañadora, 1.500 euros para a segunda e 1.000 euros para a terceira.
Mañá, sábado 21 de xullo ás 17h na Sección Primeira (entre 81 e 110 músicos) teremos a outra representante galega; a Banda de Música Municipal de Silleda será a encargada de abrir a sección no Palau da Música, co pasodobre “Música y Vinos” de Manuel Morales Martínez, a obra obrigada da sección “Joglaresca” de Francisco Bort Ramón e a obra libre “Where Angels fly” de Kevin Houben. Nesta sección a banda de Silleda disputará os premios coa Banda Municipal de Música de Punta Umbría (Huelva) e a Associaçao Recreativa e musical Amigos da Branca (Portugal).
Podes velos en directo neste link.