Novacaixagalicia trae por primeira vez a España o Russian National Ballet de Radchenko

Novacaixagalicia achega a Vigo e Pontevedra a «Gran Gala Chaikovsky» da man do
Russian National Ballet, dirixido polo seu fundador, Sergei Radchenko. A cita en Vigo será hoxe,
mércores, 24 de outubro, no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, ás 20:30 h, e en Pontevedra,
mañá, xoves, 25 de outubro, ás 20:30 h, no auditorio do Centro Social da entidade. Ambos os
espectáculos inclúense na tempada de abonos que a caixa oferta para estas dúas cidades. Aquelas
persoas que desexen mercar a entrada solta poderán facelo a través da billeteira telefónica 902 504
500 ou a través da páxina web www.servinova.com.