O concello da Coruña abreu este luns, 16 de xullo o prazo de presentación de obras para a primeira edición do Concurso de Composición de Bandas de Música.
Tres son os premios que se concederán; 2.000€, 1.500€ e 500€ para as tres mellores obras das presentadas. Dentro do marco do 70º aniversario da banda municipal, a agrupación estreará nun concerto as tres obras gañadoras.
Para participar neste concurso, as compositoras e compositores deberán presentar as súas obras orixinais e inéditas vinculadas na súa temática a Galicia, ou que o título faga alusión á cultura galega. Unha obra cunha duración de entre os 15 e os 30 minutos e para un máximo de até 50 músicos. Non se admitirán obras para solistas e os traballos non poderán estar asinados. As personas interesadas dispoñen de cinco meses para presentar as súas composicións.
O xurado terá en conta cuestións como a orixinalidade e a tonalidade, a harmonía e o contraste, o ritmo e a forma comunicativa ou a mensaxe, ademais da presentación e acabado das partituras entregadas.
Máis info na páxina web: www.coruna.gal