Na vindeira edición do festival bretón, un dos máis grandes de Europa con máis de 750.ooo visitantes, estará adicado á cultura galega. Terá lugar do 2 ao 11 de Agosto do 2019 onde as músicas e bailes propios de Galicia serán os protagonistas. En colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), o Festival Intercéltico de Lorient promoverá a riqueza cultura galega coas nosas bandas de gaitas e os nosos grupos de baile, xunto con artistas de rock e folk.
A Delegación Galega do Intercéltico de Lorient abre o prazo para a recepción de propostas de grupos e artistas galegos interesados en participar no festival, entre o 1 de setembro e o 31 de outubro. Xa podes consultar as bases aquí.
Galicia participa cada ano neste festival dende 1976. Este ano participaron grupos coma o grupo de baile Saiñas (Xove) deixando ao público encandilado cos seus cabezudos, e completando a tareza máis tradicional da nosa música tamén colaborou a banda de gaitas Sons da Chaira destacando o seu gran nivel.
Tamén, representando a música galega máis actual, actuaron Uxía, Anxo Lorenzo e o arpista noiés Rodrigo Romaní, que deixaron o pavillón ben alto para a vindeira edición cos seus concertos.
E ademáis, Raquel Vilas rematou finalista no certame MacCrimmon, un dos certámenes de gaita máis prestixiosos, ainda que por idade acadou un segundo posto, a gaiteira e mestra de música teense conseguíu a máxima puntuación.