agosto, 2018

Detalles do evento
Ven 10/08 - 21.30h Claustro da Catedral - Tui Yolanda Castaño - A segunda lingua (recital poético) Eva Fernández Jazz Trío - Yo pregunto Entrada gratuíta
Máis
Detalles do evento
Ven 10/08 – 21.30h
Claustro da Catedral – Tui
Yolanda Castaño – A segunda lingua (recital poético)
Eva Fernández Jazz Trío – Yo pregunto
Entrada gratuíta
YOLANDA CASTAÑO
Recital poético: A segunda lingua
O corpo é o corpo e o idioma é o idioma: aí onde chocan, coas palabras que se rabuñan e a pel que non alcanza a tocarse, desenvólvese A segunda lingua, o último poemario de Yolanda Castaño.
Neste libro, que estivo a piques de acadar o Premio Nacional de Poesía, basea o seu recital poético quen constitúe un dos rostros máis populares da poesía galega contemporánea.
Un traballo que pescuda na lingua do outro, dos outros; nesa ponte que nos pon en relación cos demais e co mundo. E, tan pouco doado como é ás veces comunicarse, alcanzar ao outro é tamén con frecuencia un camiño que se frustra. Así e todo, no enorme compromiso co o cio desta poeta que desfruta recitando os seus versos por todo o mundo, gaña sempre a palabra: desde a emoción, con total honestidade e ata con sentido do humor.
EVA FERNÁNDEZ TRÍO
Yo pregunto
Unha nova promesa do jazz catalán que destaca como saxofonista e cantante e que forma parte da lista de voces femininas máis destacadas.
Eva Fernández presenta en Galicia o seu novo disco, Yo pregunto, unha selección de poemas de Pizarnik, Storni, Costafreda e Cortázar musicalizados e compostos pola cantante e saxofonista acompañada polo guitarrista Josep Munar. Enric Fuster, á batería, completa a formación.
As notas brotaron inspiradas polos versos de grandes poetas ata reunir en Yo pregunto oito temas que conforman un repertorio doce, intimista e sedutor.
// Concerto de entrada libre grazas ao fondo cultural de AIE Sociedad de Artistas
Hora
agosto 10(venres) 21:30
Localización
Tui