agosto, 2018
lun06ago21:30XIII Música no ClaustroTina & Joe21:30 Tipo de evento:Jazz/Blues

Detalles do evento
Luns 06/08 - 21.30h Claustro da Catedral - Tui Blues & Soul Night Tina & Joe Entrada gratuíta
Máis
Detalles do evento
Luns 06/08 – 21.30h
Claustro da Catedral – Tui
Tina Masawi é unha das voces máis penetrantes da nova xeración musical do continente africano. A voz convértese nun xogo co seu amplo rexistro de cores e matices. Natural de Zimbabwe, en 2013 recibiu o galardón á mellor actriz de musicais de África.
Agora chega por vez primeira a Galicia canda o guitarrista español José Antonio Hernández nunha proposta de alta calidade e elegancia na que o dúo interpreta un repertorio, seleccionado cuidadosamente para a ocasión, entre clásicos retros e modernos do jazz, blues e soul.
* Todos os concertos son de acceso libre ata completar a capacidade do espazo. Non é preciso retirar entrada.
Apertura de portas ás 21.10 h.
DESPOIS DO CONCERTO…
Ambigú no xardín de Palacio da Catedral. Un lugar de encontro entre artistas e públicos cun albariño e un petisco elaborado con producto galego. De acceso libre para o público do concerto.
Hora
agosto 6(luns) 21:30
Localización
Tui