novembro, 2018
This is a repeating event28 novembro, 2018 20:30
mar27nov20:30Viejos HazmerreíresLes Luthiers20:30 Tipo de evento:Espectáculo

Detalles do evento
Viejos Hazmerreíres - Les Luthiers Mar 27 / Mér 28 / Xov 29 - 20.30h Palacio de la Ópera - A Coruña Entrada: dende 45€ O grupo Les Luthiers, galardoado co Premio Princesa de Asturias e
Máis
Detalles do evento
Viejos Hazmerreíres – Les Luthiers
Mar 27 / Mér 28 / Xov 29 – 20.30h
Palacio de la Ópera – A Coruña
Entrada: dende 45€
O grupo Les Luthiers, galardoado co Premio Princesa de Asturias e en plena celebración dos seus 50 anos de carreira, estrea en Galicia o seu novo espectáculo: “Viejos Hazmerreíres”: antoloxía que inclúe algunhas das obras míticas de Les Luthiers, o mellor de espectáculos memorables como “Los Premios Mastropiero”, “Todo por que rías”, “Por Humor al Arte”, “Lutherapia”, pero esta volta renovados para formar parte dunha absurda transmisión de radio, a lembrada e desopilante “Radio Tertulia, nuestra opinión… y la tulia”.
Os espectadores poderán volver ver en directo pezas como a zarzuela “Las Majas del Bergantín”, “Quién mató a Tom Mc Coffee” ou “La cumbia epistemológica” intercalados cos ensinos do gurú Sali Baba, os delirios do home que viu aos marcianos ou as cancións do imposible grupo “ London Inspection”. Todo presentado polos habituais disparates de Ramírez e Murena, os locutores de “Radio Tertulia”, que comentan o que veña, desde a extradición dun narcotraficante, ata a fecundación asistida pasando pola terrible telenovela “Alma de Corazón”.
Máis info: aquí
Hora
novembro 27(martes) 20:30
Localización
A Coruña