outubro, 2018

sab20out21:00The Incredible World Tour of ViolinAra Malikian21:00 Tipo de evento:Espectáculo

Máis

Detalles do evento

Ara Malikian -The Incredible World Tour of Violin

Sab 20/10  –  21h
Coliseum – A Coruña

The Incredible World Tour percorrerá grandes teatros internacionais: París, Londres, Beijing, Moscova, México, Bos Aires, Santiago de Chile…, e trasladará o público dos grandes recintos ao século XVII español, unha coidada escenografía baseada nos currais de comedias característicos do Século de Ouro.

O Curral de comedias é o leitmotiv do violinista nesta segunda parte da xira, o fío condutor que vai empastar todo o espectáculo, o lugar no que Malikian debullará a súa música.

Ara conduce os espectadores acompañado dunha impoñente banda de música: Batería, guitarra, viola, violonchelo, contrabaixo e percusións indias guiadas polo arco-batuta máis incrible que o mundo coñeceu nos últimos tempos.

Malikian converterá os pavillóns nun curral de comedias, cun show de luces nunca visto e un son espectacular…

“Non houbo maior lugar de comedias que España, e parece que iso o sabe moi ben Ara Malikian ao instalarse nesa tradición, pero é que, pronto, o seu espectáculo convértese tamén en comedia, seguindo os canons de entreter, emocionar, e mostrar espazos para a reivindicación e a reflexión. Todo iso, salpimentado de humor, traendo así, á fronte do escenario, a impecable interpretación de toda unha banda de virtuosos.”

Prezo: entre 85€ e 30€ + gastosA xira mundial do seu último disco non para de sumar datas internacionais polos cinco continentes.

Venta de localidades:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Hora

outubro 20(sábado) 21:00

Localización

A Coruña

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará

Newsletter

Enche e envia este formulario para recibir a nosa newsletter.

Facendo click en "Subscribir", aceptas as normativas de privacidade expostas nesta web. O uso destes datos ten o único fin de enviar a newsletter na que tes interese.

X