Cinco serán as sociedades musicais que competirán este ano no Palau Altea.
A Sociedade Filarmónica Alteniense (SFA), fundada en 1889, organiza este prestixioso certame que cumple este ano a súa 40 edición, que será adicada á cultura e artistas do municipio ou relacionados co mesmo, baixo o lema: “Alteans: arts i lletres” (Alteanos: artes e letras).
A presente edición celebrarase os días 3 e 4 de decembro no Palau Altea Centre d’Arts. E nos dous días terán lugar ás 16.00h o desfile das bandas participantes e ás 17.00h o comezo do certame.
O Pasado 30 de Xullo o comité organizador realizou o sorteo da orde de participación e dos compoñentes do xurado.
Na sección Primeira (día 3 de decembro) a orde de actuación será a seguinte: 1º- Agrup. Musical Juvenil de Cabezo de Torres (Murcia). 2º-Centre Artístic Musical de Bétera (Valencia). 3º-C. M. Primitiva D’Albaida “El Gamell” (Valencia). Na sección Sinfónica (día 4 de decembro): 1º-S. A. M. La Unió de Quart de Poblet (Valencia). 2º-S. M. Unió Musical de Llíria (Valencia).
O xurado estará composto por tres persoas, das cales dúas foros escollidas por sorteo: Teodoro Aparicio Barberán e José Luís García del Busto, o terceiro compoñente foi designado pola comisión organizadora: Felix Hauswirth.
A sociedade musical que leve maior puntuación recibirá o trofeo Sociedad Filarmónica Alteanense e o premio Villa de Altea, dotado na sección primeira con 7.200 euros e na sección sinfónica con 9.900. Ademáis, otorgarase “El Corbatín de Oro” á banda que obteña o primer premio do certamen en tres ocasións e otorgarase “La Batuta de Oro” ó director que obteña o primer premio do certamen en tres ocasións. O xurado poderá otorgar o premio especial ó mellor solista das bandas concursantes das dúas seccións que consistirá nun diploma acreditativo e unha viaxe dun fin de semana para dúas persoas.
As sociedades musicais interpretarán obras de compositores de Altea ou relacionados con este municipio alicantino de 23.000 habitantes. A sección primeira terá como peza obrigada “Un feix de coses petites”, composta por Ximo Cano (La Nucia, Alicante) e inspirada no libro da alteana Carmelina Sánchez Cutillas, “Materia de Bretanya”. Jaime Francisco Ripoll Martins (Altea, Alicante), es el autor de la sinfonía “Altea en el record” que será a obra obrigada da sección sinfónica.
Resolución sorteo da orden de participación e xurado.
Para máis información: http://certamenaltea.alteacultural.es/
Altea (Alicante) – 3 e 4 de decembro de 2011.
LOCALIZACIÓN:
{source}
<iframe width=”425″ height=”350″ frameborder=”0″ scrolling=”no” marginheight=”0″ marginwidth=”0″ src=”http://maps.google.es/maps?f=q&source=s_q&hl=es&geocode=&q=Palau+Altea,+calle+alcoy&aq=&sll=38.410535,-0.284553&sspn=1.196595,2.469177&vpsrc=6&ie=UTF8&hq=Palau&hnear=Calle+de+Alcoy,+03590+Altea,+Alicante,+Comunidad+Valenciana&t=h&fll=38.597344,-0.06271&fspn=0.004452,0.009645&st=106202701028690640124&rq=1&ev=zi&split=1&ll=38.5983,-0.062377&spn=0.002935,0.00457&z=17&iwloc=A&output=embed”></iframe><br /><small><a href=”http://maps.google.es/maps?f=q&source=embed&hl=es&geocode=&q=Palau+Altea,+calle+alcoy&aq=&sll=38.410535,-0.284553&sspn=1.196595,2.469177&vpsrc=6&ie=UTF8&hq=Palau&hnear=Calle+de+Alcoy,+03590+Altea,+Alicante,+Comunidad+Valenciana&t=h&fll=38.597344,-0.06271&fspn=0.004452,0.009645&st=106202701028690640124&rq=1&ev=zi&split=1&ll=38.5983,-0.062377&spn=0.002935,0.00457&z=17&iwloc=A” style=”color:#0000FF;text-align:left”>Ver mapa más grande</a></small>
{/source}